Ficha da subvención
Denominación
III EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 02/09/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 03/09/2024 Fin 01/10/2024
información, ligazóns e consultas
Oficinas centrais
Edificio Municipal CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 542 493
Correo electrónico: cersia@santiagodecompostela.org.
Horario: aberta de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas (excepto festivos)
Consulte as bases completas da convocatoria na web da Base de datos Nacional de Subvencións
Obxecto e finalidade
1.1. O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 é premiar ás empresas que se
distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da
comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas
prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.
1.2. A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é
recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran compromiso coa calidade total. Estes premios,
para as empresas, deben representar un estímulo para acadar a excelencia, fomentar o intraemprendemento na empresa,
o desenvolvemento de ideas de negocio viables nas que se poña en valor un desenvolvemento sostible, como elemento
que contribúe a acadar a viabilidade e consolidación empresarial.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela van dirixidos a
todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago
de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Na base
terceira defínense as categorías ás que poderán optar as empresas de Santiago de Compostela podendo, cada unha delas,
presentar a súa candidatura a varias categorías. Para concorrer á categoría “Boas prácticas de empresas de economía
social”, a empresa debe ser unha cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego, ou empresa de inserción
definida como tal segundo o establecido na Lei de economía social de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias destes premios as empresas que, nunha determinada categoría, resultasen galardoadas
noutra edición dos mesmos premios e volvesen presentar a súa candidatura nesta edición na mesma categoría. Non
obstante, as empresas que resultaron galardoadas noutras edicións destes premios, poderán presentar a súa candidatura
a unha categoría diferente á que foron premiados, .
Unha empresa non poderá ser galardoada en máis dunha categoría.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá o período dende o día seguinte ao da publicación do extracto
das bases no BOP de A Coruña e ata o día 1 de outubro de 2024 ás 23.59 horas.
Lugar de presentación
Sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela. Formulario normalizado CS006EC dispoñible como anexo I debidamente cuberto en todos os seus campos e asinado electronicamente.
Mañá abre o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio á excelencia empresarial
02/09/2024 O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) acaba de publicar no día de hoxe as bases da terceira edición dos “Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030”, convocada polo Concello de Santiago para premiar as boas prácticas empresariais en ámbitos como a conciliación, a innovación ou a economía circular, entre outros. O prazo de presentación de candidaturas estenderase desde mañá, 3 de setembro, ata o 1 de outubro.A convocatoria para este ano III Edición de Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago contan cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.
Estas distincións están dirixidas a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Establécense as seguintes categorías:
– Boas prácticas en materia de conciliación.
– Boas prácticas en materia de economía circular.
– Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
– Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
– Boas prácticas de empresas de economía social.
– Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
– Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.
Como novidade, terase en conta como criterio de valoración a aplicación da perspectiva de xénero e da igualdade nas propostas presentadas.
As empresas candidatas ao premio presentarán un formulario de solicitude e unha memoria para cada unha das categorías ás que concorran. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá o período dende o día seguinte ao da publicación do extracto das bases no BOP da Coruña e ata o día 1 de outubro de ás 23.59 horas.
Documentos relacionados
- Bases dos III Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 (GAL)
- Bases de los III Premios de excelencia empresarial Agenda Urbana 2030 (CAS)
- Publicación no BOP do 02/09/2024
- Formulario de solicitude (modelo CS006PE)