NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 18/09/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 19/09/2025 Fin 01/10/2025

información, ligazóns e consultas

Oficinas centrais
Edificio Municipal CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 542 493
Correo electrónico: cersia@santiagodecompostela.org

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consulte as bases completas da convocatoria na web da Base de datos Nacional de Subvencións

Anexos dispoñibles na páxina web do CERSIA Empresa

Obxecto e finalidade

1.1. O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 é premiar ás empresas que se
distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da
comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas
prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.

1.2. A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é
recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran compromiso coa calidade total. Estes premios,
para as empresas, deben representar un estímulo para acadar a excelencia, fomentar o intraemprendemento na empresa,
o desenvolvemento de ideas de negocio viables nas que se poña en valor un desenvolvemento sostible, como elemento
que contribúe a acadar a viabilidade e consolidación empresarial.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela van dirixidos a
todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago
de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Na base
terceira defínense as categorías ás que poderán optar as empresas de Santiago de Compostela podendo, cada unha delas,
presentar a súa candidatura a varias categorías. Para concorrer á categoría “Boas prácticas de empresas de economía
social”, a empresa debe ser unha cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego, ou empresa de inserción
definida como tal segundo o establecido na Lei de economía social de Galicia.


Non poderán ser beneficiarias destes premios as empresas que, nunha determinada categoría, resultasen galardoadas
noutra edición dos mesmos premios e volvesen presentar a súa candidatura nesta edición na mesma categoría. Non
obstante, as empresas que resultaron galardoadas noutras edicións destes premios, poderán presentar a súa candidatura
a unha categoría diferente á que foron premiados.


Unha empresa non poderá ser galardoada en máis dunha categoría.

categorías

Convócanse os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago
de Compostela nas seguintes categorías:

  • 3.1 Boas prácticas en materia de conciliación.
  • 3.2 Boas prácticas en materia de economía circular.
  • 3.3 Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio, ou que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
  • 3.4 Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
  • 3.5 Boas prácticas de empresas de economía social.
  • 3.6 Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá o período dende o día seguinte ao da publicación do extracto
das bases no BOP de A Coruña e ata o día 1 de outubro de 2025 ás 23.59 horas.

Lugar de presentación

As solicitudes xunto coa documentación presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela. A presentación das solicitudes e documentación implica a aceptación íntegra e incondicional das bases reguladas
da convocatoria.

Direccións relacionadas

Entradas relacionadas