Programa de EMPREGO CON APOIO

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de EMPREGO CON APOIO

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 21/08/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/08/2025 Fin 30/09/2025

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Edificio administrativo de San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono: 981 544 666

Email: sx.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342A).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2025, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade (código de procedemento TR342A).

Enténdese por emprego con apoio o conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que lles prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais ou similares características e que conten con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde, sempre que cumpran os requisitos establecidos nela, as seguintes entidades:

– As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio.

– Os centros especiais de emprego, cualificados e inscritos como tales no Rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.

Tamén as empresas de inserción, debidamente inscritas no Rexistro de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal da mesma empresa ou doutras empresas de inserción.

– As empresas do mercado ordinario de traballo, incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas.

LUGAR E Prazode presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado dispoñible na sede https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do sétimo día natural seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2025.