PROGRAMA DIRIXIDO A ENTIDADES EMPRESARIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

PROGRAMA DIRIXIDO A ENTIDADES EMPRESARIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2024

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 27/06/2024

Prazo entrega solicitudes: Fin 31/05/2025

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego

Bases reguladoras do programa de subvencións dirixido a entidades empresariais sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2024(FOENAA)

Na sesión celebrada o día 21 de xuño de 2024, a Xunta de Goberno acordou aprobar as Bases reguladoras do programa de subvencións dirixido a entidades empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción
económica durante o ano 2024.

A Deputación da Coruña, no marco das súas competencias, destina importantes recursos á actividade de fomento,
principalmente mediante a concesión de axudas económicas orientadas á promoción de actividades e investimentos,
e mantemento de centros e servizos considerados de interese público, coa finalidade de contribuír a que as entidades
privadas da provincia acaden os obxectivos que lles son propios e de fomentar a participación da cidadanía nos distintos
ámbitos de actuación e promover a igualdade de xénero.

No ano 2024, no contexto dunha realidade social, económica e cultural derivada da situación de desaceleración da
economía mundial, como consecuencia de múltiples crises ás que se enfronta ( transición enerxética dirixida a eliminación
dos combustibles fósiles, as forzas do cambio climático…os conflitos en solo europeo.. as ameazas derivadas das novas
variantes do COVID 19,..etc), a área de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña renova a súa
aposta polo apoio ao sector Económico e turístico en todas as súas dimensións, e moi especialmente naquelas máis
directamente vinculadas á creación de emprego e mantemento de estruturas profesionais e creativas.

O obxecto desta convocatoria é subvencionar accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento
do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de
calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e a distribución, por parte das entidades que
forman parte dos seguintes ámbitos:
Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio.

Actividades a subvencionar:

· Organización de xornadas, seminarios ou galas relacionados coa promoción económica da provincia.
· Festas de recoñecido intereses turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
· Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local (campañas de nadal, animación comercial
en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, publicidade do comercio asociado, folletos,
revistas, guías, etc).

Persoas beneficiarias

A presente convocatoria vai dirixida a entidades empresariais sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da
Coruña, ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia e que
cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias
no momento de presentaren a solicitude, e que forman parte dos seguintes ámbitos:

Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou
empresarial e cámaras de comercio.

Entidades excluídas:

· Agrupacións de voluntarios, asociacións de cazadores, comunidades de montes, entidades agricolas e forestais,
entidades medioambientais, asociacións culturais e deportivas, asociacións veciñais, asociacións ou entidades
participadas por administracións públicas (GALP, AGADER…) e calquera outra que non sexa representativa de
sectores empresariais. As entidades do ámbito do turismo e dos congresos deberán presentarse na liña específica
DP0030.
· Persoas ou entidades que foran sancionadas ou condenadas por resolución administrativa ou sentenza firme pola
comisión de condutas discriminatorias nos termos dispostos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a
igualdade efectiva entre mulleres e homes, na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección
integral contra a violencia de xénero, así como no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se
aprobou o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
· Persoas ou entidades que utilicen na súa actividade linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como
reclamo ou connotacións de tipo sexual ou denigrante segundo o disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de
febreiro.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓNS

A xustificación poderá presentarse a partir do día seguinte á publicación da resolución de concesión definitiva das
subvencións no BOP. O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 31 de marzo de 2025 ás 14: 00 horas.

Lugar: Plataforma de tramitación telemática SUBTEL