Ficha da subvención
Denominación
PROGRAMA DIRIXIDO A ENTIDADES EMPRESARIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2025
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 11/11/2024
información, ligazóns e consultas
Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego
Bases reguladoras e convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025 (FOENAA)
Mediante resolución de Presidencia aprobáronse as Bases reguladoras do Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante
o ano 2025.
O obxecto desta é subvencionar accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e a distribución, por parte das entidades que forman parte dos seguintes ámbitos:
Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio.
Actividades a subvencionar:
· Organización de xornadas, seminarios ou galas relacionados coa promoción económica da provincia.
· Festas de recoñecido intereses turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
· Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local (campañas de nadal, animación comercial en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, publicidade do comercio asociado, folletos, revistas, guías, etc).
No ano 2025, no contexto dunha realidade social, económica e cultural derivada da situación de desaceleración da economía mundial, como consecuencia de múltiples crises ás que se enfronta ( transición enerxética dirixida a eliminación dos combustibles fósiles, as forzas do cambio climático…os conflitos en solo europeo.. as ameazas derivadas das novas variantes do COVID 19,..etc), a área de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña renova a súa aposta polo apoio ao sector Económico e turístico en todas as súas dimensións, e moi especialmente naquelas máis directamente vinculadas á creación de emprego e mantemento de estruturas profesionais e creativas.
Persoas beneficiarias
A presente convocatoria vai dirixida a entidades empresariais sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia e que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude, e que forman parte dos seguintes ámbitos:
Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio.
Entidades excluídas:
Agrupacións de voluntarios, asociacións de cazadores, comunidades de montes, entidades agrícolas e forestais, entidades medioambientais, asociacións culturais e deportivas, asociacións veciñais, asociacións ou entidades participadas por administracións públicas (GALP, AGADER…) e calquera outra que non sexa representativa de sectores empresariais. As entidades do ámbito do turismo e dos congresos deberán presentarse na liña específica DP0030.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓNS
A forma e prazo da solicitude regúlanse na vixente Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación
Provincial da Coruña e nas Bases xerais indicadas na Base 1.
Lugar: Plataforma de tramitación telemática SUBTEL