Publicación das Bases do Programa de axudas FOENAA 2026 para entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña

Axudas e subvencións comercio Santiago

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Bases do Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2026 (FOENAA 2026)

Mediante resolución de Presidencia aprobáronse as Bases reguladoras do Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante
o ano 2026, cuxo texto se transcribe

O obxecto desta é subvencionar accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego,
o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que
permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e a distribución, por parte das entidades que forman parte
dos seguintes ámbitos:
Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou
empresarial e cámaras de comercio.

Actividades a subvencionar:

  • Organización de xornadas, seminarios ou galas relacionados coa promoción económica da provincia.
  • Festas de recoñecido intereses turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
  • Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local (campañas de nadal, animación comercial
    en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, publicidade do comercio asociado, folletos,
    revistas, guías, etc).

Entidades beneficiarias

Entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña sen ánimo de lucro.

Prazo E LUGAR de presentación

A forma de presentación da solicitude será a que se indica na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da
Deputación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase na convocatoria, que se publicará no BOP, por conduto da Base
de Datos Nacional de Subvencións.