Subvención dirixida a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2023

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvención dirixida a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2023

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 31/03/2023

información, ligazóns e consultas

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, TURISMO E EMPREGO

Teléfono: 981080334

Teléfono Turismo: 981080838

Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego: promocion.economica@dacoruna.gal

Turismo: turismo@dacoruna.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Resolución número 43125 de data 15 de novembro de 2023, pola que se aproba a concesión definitiva

Convocatoria aberta do: 11/03/20223 ata o 31/03/2023 ás 14:00 horas

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Extracto da Resolución número 2023/6539 do 16 de febreiro de 2023 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2023 (FOENAA/2023).

Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego

Acordo da Xunta de Goberno núm.24 de 03 de febreiro de 2023 de aprobación das Bases reguladoras do programa de subvencións FOENAA/2023

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DIRIXIDO A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2023

Entidades beneficiarias

Base 5.- Entidades solicitantes

A presente convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia e que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

Entidades excluídas:

• Agrupacións de voluntarios, asociacións de cazadores, comunidades de montes, entidades agricolas e forestais, asociacións culturais e deportivas.

• Persoas ou entidades que foran sancionadas ou condenadas por resolución administrativa ou sentenza firme pola comisión de condutas discriminatorias nos termos dispostos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, así como no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aprobou o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

• Persoas ou entidades que utilicen na súa actividade linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo ou connotacións de tipo sexual ou denigrante segundo o disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Lugar e prazo de presentación

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e finalizará ás 14:00 horas do día 31 de marzo de 2023.

Sétimo. Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 1 de abril de 2024 ás 14:00 horas.

Outros datos de interese

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma #SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/.