Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 2025

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 2025

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 13/05/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 21/05/2025 Fin 30/06/2025

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprendemento

Servizo de Fomento do Emprendemento

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995970/ 881995972/ 881995971

Email: sxemprendemento.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).

O obxecto desta orde é  aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xullo de 2024 e a data da presentación da solicitude.

PERSOAS beneficiarias

 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023, de conformidade co establecido no artigo 1.

2. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

b) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.

c) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.

d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.

f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

3. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtiveran resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) e da Orde do 16 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro).

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o oitavo día natural seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2025, agás no caso de que se produza o esgotamento do crédito.

No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se producise o esgotamento do crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes presentadas con posterioridade e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR880A)

Entradas relacionadas