Dando cumprimento ás bases das respectivas convocatorias, veñen de publicarse as relacións de beneficiarios/as e excluídos/as de tres das convocatorias incluídas no Plan de Reactivación Económica do Concello para facer fronte á situación creada pola COVID-19.
En concreto, fanse públicas as listaxes da convocatoria de axudas para autónomos/as e micropemes de menos de 11 traballadores do programa Compostela Móvese e de dúas das convocatorias de Comercio: a de axudas para a reactivación económica do comercio local e a de cheques de consultoría, esta última, no marco do programa Coidar para mellorar, convocado xunto co Departamento de Lingua.
As listaxes e as correspondentes resolución poden consultarse nos documentos adxuntos. Tamén están dispoñibles na web do CERSIA (axudas a empresas) e do programa Coidar para mellorar (axudas ao comercio).
Descargas
- LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS BENEFICIARIAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A EMPRESAS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA COMPOSTELA MÓVESE 2020 COVID19. PARA AUTÓNOMOS/AS E MICROPEMES DE MENOS DE ONCE TRABALLADORES/AS DE SANTIAGO
- LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS BENEFICIARIAS E EXCLUÍDAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA DO COMERCIO LOCAL
- LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS BENEFICIARIAS, EN AGARDA E EXCLUÍDAS DA CONVOCATORIA DE CHEQUES DE CONSULTORÍA DO PROGRAMA COIDAR PARA MELLORAR