Ficha da subvención
Denominación
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación
Convocatoria: Pechada
Prazo entrega solicitudes: Fin 09/01/2023
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Ordenación
Edificio Administrativo San Caetano, s/n. Edificio nº 5 – 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545525/ 981545548/ 981545419
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
http://ceei.xunta.gal/portada
Dende o resto do Estado: 902 12 00 12
Convocatoria pechada o 9/01/2023.
ORDE do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).
O obxecto desta axuda é o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e esté localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655, así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.
b) Que teñan a sede social e o ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.
d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica a continuación:
Poboación concello Mínimo comercios asociados
Menos de 5.000 habitantes 10
De 5.000 a 20.000 habitantes 20
Máis de 20.000 habitantes 50
En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.
e) No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).
Lugar e prazo de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento CO300G
https://sede.xunta.gal/
O prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.