Ficha da subvención
Denominación
Premios de Artesanía de Galicia, bases reguladoras e a súa convocatoria para o 2023
Convocatoria: Pechada
Data de publicación: 26/05/2023
Prazo entrega solicitudes: Inicio 18/09/2023 Fin 29/09/2023
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Área Central, 1º-Local 25MN. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999171 / 881999175 / Desde o resto do Estado: 902120012
Fax: 881999170
Email: centro.artesania@xunta.gal.
http://artesaniadegalicia.xunta.gal
http://ceei.xunta.gal
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN200A)
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.
Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:
a) Premio Artesanía de Galicia 2023.
b) Premio Traxectoria 2023.
c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2023.
PERSOAS beneficiarias
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 18 de setembro de 2023 e remata ás 14.30 horas do 29 de setembro de 2023.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento IN200A)