Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 30/05/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 31/05/2023 Fin 30/06/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Edificio Administrativo San Caetano, s/n – Edificio nº 5, planta 3ª

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881995529/ 981545557

Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal/portada

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións

ORDE do 7 de setembro de 2023 de modificación da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión

Resolución do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito

Resolución do 21 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de  recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa  convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

O obxecto desta convocatoria é o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

PERSOAS beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da orde.

b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

Para a consideración de pequena e mediana empresa observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L 124/36, do 20 de maio de 2003), establecendo para estes efectos que:

Categoría
de empresa

Persoal: unidades de traballo anual

Volume de negocio
anual (€)

Balance xeral anual (€)

Micro

<10

≤ 2 millóns

≤ 2 millóns

Pequena

<50

≤ 10 millóns

≤ 10 millóns

Mediana

<250

≤ 50 millóns

≤ 43 millóns

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.

No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.

1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.

b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.

d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica a continuación:

Poboación concello

Mínimo comercios asociados

Menos de 5.000 habitantes

10

De 5.000 a 20.000 habitantes

20

Máis de 20.000 habitantes

50

En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.

No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CO300G)

Entradas relacionadas