A Asociación Hostalaría Compostela organiza: Santiago(é)tapas

Departamento de comercio2

La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas con “Crocante de abelá e praliné de maracuyá”

12/03/2024 A XV edición de concurso de tapas de Santiago de Compostela, que se celebrou por primeira vez en febreiro, rematou con preto de 25.000 tapas consumidas nos locais participantes.O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela. O concurso celebrouse do 15 de febreiro ao 3 de marzo. Por primeira vez tivo lugar nestas datas, logo de que a Asociacións Hostelería Compostela solicitase o cambio xa que en novembro, nas datas tradicionais do concurso, xa hai unha actividade importante no sector froito do proceso de desestacionalización turística que está a vivir o destino.

No acto de entrega de premios participaron representantes das diferentes entidades e empresas que patrocinan e colaboran co concurso: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o responsable da Área de Calidade alimentaria da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Ricardo Rivas; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Cafés Dromedario, Bruno Hermida; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García; e a responsable do Departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da Asociación Galega de Persoas Celíacas, Nuria Colmenero.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, suliñou que o éxito de Santiago(é)tapas no mes de febreiro vai na liña de traballo que se está desenvolvendo para conseguir mudar o modelo turístico de Santiago, apostando pola colaboración co sector e o fomento da desestacionalización con actividades que dinamicen Compostela nos meses de tempada baixa. Tamén agradeceu as facilidades que deu a Deputación da Coruña para o cambio de datas, xa que sen o seu apoio non sería posible o mesmo.

Pola súa banda, segundo sinalou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o cambio de datas non tivo impacto nin no número de locais participantes nin no consumo. Así, neste ano consumíronse preto de 25.000 tapas, unha cifra similar a da última edición de novembro de 2022. Míriam Louzao destacou que estes datos eran moi relevantes, tanto porque se produciron no mes de febreiro, un mes moi complexo para o sector, como porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Os locais gañadores dos diferentes premios foron:

Mellor tapa creativa: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.
Mellor tapa tradicional: Estamos como cabras, Artesana.
Mellor tapa doce: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.
Mellor tapa en maridaxe con viño: Cachucha, grelo e calçot, Nómade.
Mellor tapa en maridaxe con cervexa: Bomba de polbo á feira, La Planta.
Mellor tapa sen glute: Castaña Doce, A Maceta.

Gañadores do XV concurso da edición Santiago(é)tapas

Última fin de semana para conseguir agasallos no Santiago(é)tapas

29/02/2024 A XV edición do concurso reparte este ano máis de 200 agasallos para o público que completa as (é)TAPAS, entre eles abonos dobres para a tempada do Obradoiro CAB e propostas culturais, turísticas e de saúde e benestar.A XV edición do Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago, rematará este domingo día 3 tras conseguir convertir a cidade no epicentro da gastronomía en pequeno formato, grazas a propostas culinarias que están a ter unha gran acollida entre o público, os máis de 200 agasallos directos entregados a quen completa algunha das 5 (é)TAPAS, e ás tres rutas especiais: Ruta Sen Glute, Ruta Doce e Ruta Vexetariana.

Ata este domingo, o público poderá seguir probando tapas e votando ás súas preferidas, ademais de selar o Tapasporte de cada local visitado, conseguindo agasallos directos na Oficina de Turismo da rúa do Vilar por cada (é)TAPA finalizada. Entre eles atópanse abonos para a tempada do Obradoiro CAB, produtos gastronómicos de Experiencias de Calidade, noites en aloxamentos da cadea Alda Hotels, bonos para o Festival Recorda Fest, entradas aos espectáculos de humor de Etiqueta Negra Producciones, varios exemplares do último libro de Arantza Portabales asinado pola autora, comidas en Garfo e Coitelo e no Mercado Boanerges, entradas ao Museo MEGA de Estrella Galicia, masaxes descontracturantes en Fisioterapia Esteban Vagni, bonos para 4 persoas no parque acuático familiar de AwaSan, bonos para 10 adestramentos personalizados en Curves, caixas de bombones artesáns de Pedras de Santiago, mandís ou xogos de cuncas de viño, entre outros.

Ademáis, este ano os hostaleiros e hostaleiras participantes en Santiago(é)tapas recibiron un welcome pack de Experiencias de Calidade da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, cunha coidada selección de produtos certificados, entre eles grelos, queixo, Tarta de Santiago, fabas de Lourenzá, viños e licores; todos eles cunha contraetiqueta propia da Denominación de Orixe ou da Indicación Xeográfica Protexida que avala a súa calidade, e que están tendo un gran éxito na hostalería.

Máis información na web santiagoetapas.gal

Berenxena asada con aderezo cítrico, a primeira tapa que se incorporou ao Santiago(é)Tapas

Santiago(é)tapas chega a súa segunda fin de semana con numerosos premios para o público

26/02/2024

Santiago(+e)Tapas en datos 👇

🎁 + 200 agasallos para o público

🌮 61 tapas dispoñibles

🍹 40 locais participantes

📅Até o 3 de marzo

Bule a polo teu Tapasporte! 🏃‍♀️🏃‍♂️

Agasallos para o público

23/02/2024 Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da cidade organizado por Turismo de Santiago, chega a súa segunda fin de semana cuns importantes datos de participación de público. Ata o momento consumíronse máis de 6.000 tapas nos locais participantes no concurso, que comezou o pasado 15 de febreiro e se prolongará ata o vindeiro tres de marzo.Este ano, no que o concurso ten lugar por primeira vez en febreiro por petición da Asociación Hostelería Compostela, fíxose un gran esforzo para incentivar a participación do público con obsequios directos pola finalización das diferentes (é)Tapas que se atopan no Tapasporte.

Entre os máis de 200 agasallos dispoñibles para o público, atópanse numerosos produtos con certificado de calidade como botes de IXP Grelos de Galicia, lotes de IXP Mel de Galicia premiadas, lotes de queixos DOP Cebreiro, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón dá Costa e DOP Queixo Teto; lotes de IX licores e augardentes, IXP Tortas de Santiago, lotes de viños da DO Ribeiro, DO Ribeira Sacra, DO Valdeorras, DO Rías Baixas, DO Monterrei e das IXP Barbanza e Iriam Betanzos, Valdo Miño Ourense, Ribeiras do Morrazo e Terras do Navia, packs de produtos de artesanía alimentaria ou receitarios e guías de viños, todos eles aportados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A eles súmanse outros moitos agasallos como noites en aloxamentos da cadea Alda Hotels, bonos para o Festival Recorda Fest, entradas aos espectáculos de humor Lago Comedy Club de Miguel Lago (31 de maio no Auditorio Abanca), Level Up de David Perdomo (10 de marzo na sala Riquela), Ansia Viva de Oswaldo Digón & Luis Tinaquero (14 de abril na sala Riquela), o show de Galder Varas (5 de maio no Auditorio Abanca), e Pizpireto, de David Puerto (26 de maio no Auditorio Abanca); varios exemplares do último libro de Arantza Portabales asinado pola autora, comidas de Garfo e Coitelo no hotel Santa Tegra, comida experiencia en Mercado Boanerges, entradas ao Museo MEGA de Estrella Galicia, masaxes descontracturantes en Fisioterapia Esteban Vagni, bonos para 4 persoas no parque acuático familiar de AwaSan, bonos para 10 adestramentos persoalizados en Curves, caixas de bombones artesáns de Pedras de Santiago, mandís ou xogos de cuncas de viño, entre outros.

Direccións relacionadas

Sen plans para esta fin de semana? 😱

Consegue o teu Tapasporte e completa alguna das rutas do Santiago(é)Tapas 👇

🍴 (é)Tapa I Camiño Francés

🍴(é)Tapa II Camiño Primitivo

🍴 (é)Tapa III Camiño do Norte

🍴 (é)Tapa IV Camiño Portugués

🍴 (é)Tapa V Camiño Inglés

🍫 Ruta doce

🌱 Veggie Tapas

🍞🚫 Ruta sen glute

Arrinca unha nova edición de Santiago(é)tapas

15/02/2024 O concurso de tapas da cidade, organizado por Turismo de Santiago, prolongarase ata o 3 de marzo.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, inaugurou a decimoquinta edición de Santiago(é)tapas, nun acto no que participaron a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostelaría Compostela, Sara Santos, e representantes dos partidos políticos municipais e das empresas e entidades que colaboran co concurso organizado por Turismo de Santiago.

Nesta edición participarán 40 locais, fronte aos 38 que participaron na última edición, que se celebrou en novembro do 2022. En total, poderanse degustar 61 tapas, 29 creativas e 32 tradicionais, nos 40 locais distribuídos en 5 rutas ou (é)tapas diferentes.

Neste edición, dende Turismo de Santiago estase facendo un esforzo especial para ofrecer máis e mellores agasallos ás persoas que cubran algunha ruta do concurso co obxectivo de incentivar a participación nun mes de plena tempada baixa. Así, ofreceranse máis de 200 agasallos para aquelas persoas que cubran algunha das rutas definidas no Tapasporte.

Entre os agasallos inclúense produtos gastronómicos, como Piedras de Santiago; botellas de viño, queixos, meles e packs de produtos gastronómicos; entradas para espectáculos, festivais e o Museo da Cervexa (Mega); masaxes e agasallos de saúde e benestar; noites de hotel; ceas e xantares “experiencia” e abonos para o Obradoiro CAB. Mesmo exemplares asinados do libro “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales, no que Santiago de Compostela e os seus establecementos de restauración teñen unha destacada presenza. Todos os agasallos e as rutas que é preciso facer para conseguilos poden consultarse en santiagoetapas.gal.

Este ano haberá tres rutas especiais: unha sen glute, na que se inclúen 19 petiscos; outra vexetariana con 11 propostas; e unha doce, novidade desta edición, composta por 15 tapas.

O concurso, organizado por Turismo de Santiago, en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela, conta co apoio da Deputación da Coruña, o patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, entre outras empresas e entidades.

Direccións relacionadas

Santiago(é)tapas repartirá máis de 200 agasallos para o público que complete algunha ruta

13/02/2024 O concurso de tapas Compostela, organizado por Turismo de Santiago, comeza este xoves con 40 locais participantes, que ofrecerán 61 tapas ata o vindeiro 3 de marzo.

Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Compostela, celébrase este ano por primeira vez no mes de febreiro, logo de que a Asociación Hostelería Compostela solicitase a Turismo de Santiago o cambio de datas, xa que no mes de novembro, no que se celebraba tradicionalmente, os bares e restaurantes locais teñen xa unha actividade importante grazas á desestacionalización que se está producindo na demanda turística da cidade.

O cambio de datas non afectou ao número de locais participantes. Ao contrario, nesta edición participarán 40 locais, fronte aos 38 que participaron na última edición, que se celebrou en novembro do 2022. En total, poderanse degustar 61 tapas, 29 creativas e 32 tradicionais, nos 40 locais distribuídos en 5 rutas ou (é)tapas diferentes.

Neste edición, dende Turismo de Santiago estase facendo un esforzo especial para ofrecer máis e mellores agasallos ás persoas que cubran algunha ruta do concurso co obxectivo de incentivar a participación nun mes de plena tempada baixa. Así, ofreceranse máis de 200 agasallos para aquelas persoas que cubran algunha das rutas definidas no Tapasporte.

Entre os agasallos inclúense produtos gastronómicos, como Piedras de Santiago; botellas de viño, queixos, meles e packs de produtos gastronómicos; entradas para espectáculos, festivais e o Museo da Cervexa (Mega); masaxes e agasallos de saúde e benestar; noites de hotel; ceas e xantares “experiencia” e abonos para o Obradoiro CAB. Mesmo exemplares asinados do libro “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales, no que Santiago de Compostela e os seus establecementos de restauración teñen unha destacada presenza. Todos os agasallos e as rutas que é preciso facer para conseguilos poden consultarse en santiagoetapas.gal.

O Tapasporte, que nesta edición recupera o seu formato de libriño, recolle toda a información das tapas e dos bares e restaurantes do concurso, e sirve ademais para selar as rutas que se van completando e que dan dereito a recibir os agasallos. Os Tapasportes poden recollerse na Oficina de Turismo, na rúa do Vilar, en horario de 10.00 a 18.00 h, na sede da Asociación Hostelería Compostela e nos establecementos participantes.

Ademais, este ano haberá tres rutas especiais: unha sen glute, na que se inclúen 19 petiscos; outra vexetariana con 11 propostas; e unha doce, novidade desta edición, composta por 15 tapas.

O concurso, organizado por Turismo de Santiago, en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela, conta co apoio da Deputación da Coruña, o patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, entre outras empresas e entidades.

Máis información na web santiagoetapas.gal.

A dúas veces campioa de España de latte Karen Quiroga imparte un curso de barista en Hostelería Compostela

29/01/2024 A actividade, organizada por Café Dromedario, enmárcase no programa de dinamización de Santiago(é)Tapas.

As instalacións da Asociación Hostalería Compostela acolleron este luns as primeiras sesións do Curso de Iniciación Barista promovido por Café Dromedario e impartido por Karen Quiroga, 2 veces campioa de España de latte (sca 2017 e Forum 2021), 3ª aeropress España 2019 e somelier de té, que viaxou á capital galega para achegar a figura do barista aos hostaleiros, mostrándolles as principais técnicas para tratar o café de alta calidade.

Fronte a ela, profesionais do sector interesados en converterse en baristas ou en ter unha formación máis profesional.

No marco do Santiago(é)Tapas, evento organizado por Turismo de Santiago do que Dromedario é un dos colaboradores desta edición, o curso incluíu unha degustación de bebidas con café, técnicas para o correcto uso da máquina espresso, e indicacións para ensinar aos asistentes as diferenzas entre as variedades de café, a conservación do produto, a preparación do espresso correcto cos parámetros indicados para cada bebida ou a emulsión correcta do leite, pero tamén consellos para obter a máxima rendibilidade.

Ademáis, os asistentes aprenderon a preparar varias bebidas especiais feitas con café con leite, como capuccinos, latte macciatto, flat white…
As sesións continuarán durante a xornada de mañá.

Próximas accións formativas

Por outra banda e tamén dentro das actividades complementarias de Santiago (é) Tapas, celebraranse o vindeiro luns, 5 de febreiro, dúas novas accións formativas dirixidas principalmente aos hostaleiros rexistrados na XV edición do concurso, e para as que aínda quedan prazas dispoñibles.

Trátase dunha formación sobre Cultura de Cervexa, impartida por Carlos Ávila, e outra para coñecer, da man do enólogo Rubén Pérez, os matices da uva reina da Ribeira Sacra.

Así, ás 10.30 horas, haberá unha cata con varios mencías de Ponte da Boga, mentres que ás 12.15 horas, haberá unha clase práctica e teórica na que se catarán exemplos sinxelos de harmonías con cervexas de Estrella Galicia.

Unha nova edición de Santiago(é)tapas

20/01/2024

🍴 Chega a nova edición de Santiago(é)tapas, que se desenvolverá entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo 📅

🍸 Desta volta serán 41 os establecementos participantes, tres máis que na edición anterior, o que confirma que a decisión de trasladar o concurso de novembro a febreiro fará posible impulsar a participación e desestacionalizar a tempada baixa no sector 🏅

📚 Ademais, dende a Asociación Hostalaría Compostela ofrecerase aos locais inscritos sendos cursos de formación de iniciación barista e evolución e tiraxe da cervexa, á parte de sortear unha entrada doble con aloxamento en Alda Hotels para visitar o Museo MEGA 🍺

Máis información 👇

https://santiagoetapas.gal/

A Asociación Hostalaría Compostela acolle o proceso de preselección de Santiago(é)tapas

17/01/2024 Nesta edición, a primeira que se celebra en febreiro, participarán 41 locais, tres máis que na última edición de novembro de 2022. A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, asistiu esta mañá ao proceso de preselección de Santiago(é)tapas na sede da Asociación Hostalaría Compostela.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, acompañada da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e de representantes de empresas e entidades patrocinadoras de Santiago(é)tapas, como Pedro López, Trade Marketing Horeca Hijos de Rivera, e Guillermo Fernández, delegado comercial de Hijos de Rivera; Bruno Hermida, promotor de vendas de Café Dromedario, e Miguel Sandá e Simón Quintela, xefe de zona e xerente de Cash Record Santiago, visitou esta mañá na sede da Asociación o proceso de preselección das tapas da vindeira edición do concurso, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo. Os participantes na visita puideron ver a proposta de Cacao, un dos locais de hostalería que se estrean nesta edición de Santiago(é)Tapas.

Nesta edición, dende Turismo de Santiago tomouse a decisión de trasladar o concurso do mes de novembro ao mes de febreiro a petición da Asociación Hostalaría Compostela, debido a que o mes de novembro tense xa consolidado como un mes con moita actividade para o sector.

Segundo destacou Míriam Louzao, “nesta edición contamos con 41 locais participantes, tres máis que os que houbo na pasada edición de novembro do 2022. Este aumento de participación amosa que o cambio para febreiro foi unha decisión que permitirá darlle un novo pulo ao concurso e fomentar a desestacionalización neste mes de tempada baixa”.

A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, apuntou que “dende a entidade municipal estamos facendo un esforzo moi importante para adaptarnos á petición da Asociación Hostalaría Compostela de cambiar de datas o concurso, pero confiamos que o cambio teña uns resultados positivos para o sector”.

Pola súa banda, Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalería Compostela, agradeceu o apoio dos patrocinadores e mostrouse moi satisfeita por “volver atopar a moitos dos xa habituais do concurso, xunto a outros novos que se presentan este ano por primeira vez para demostrar a calidade da oferta hostaleira da cidade”.

Os patrocinadores, pola súa banda, coincidiron en destacar o valor da iniciativa que une as súas marcas á hostalería e mostráronse entusiasmados con esta nova edición que demostra “a consolidación e a evolución” do concurso.

Entre as novidades desta edición atópanse varios cursos de formación e sorteos de agasallos para os locais participantes no concurso. Así, o primeiro obradoiro, que se celebrará os días 29 e 30 de xaneiro, será un Curso de Iniciación Barista a cargo de Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, para o que xa está aberta a inscrición ata o 25 deste mes. O curso desenvolverase en quendas de dúas horas, entre as 09.30 e as 11.30 horas, e de 16.00 a 20.15 horas, estando limitado a 10 persoas por quenda, debendo formalizar as súas inscricións a través da web.

Tamén haberá en febreiro un curso sobre a evolución de cervexa e tiraxe perfecta a cargo de Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa en Hijos de Rivera, e outro sobre viños Ponte da Boga a cargo de persoal da devandita adega. Ademais, entre todos os locais inscritos, sortearase unha entrada dobre para visitar o Museo MEGA e unha noite para dúas persoas nun aloxamento de Alda Hotels.

Toda a información está dispoñible na web santiagoetapas.gal.

Entradas relacionadas