Ficha da subvención
Denominación
Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 2025
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 13/05/2025
Prazo entrega solicitudes: Inicio 21/05/2025 Fin 30/06/2025
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprendemento
Servizo de Fomento do Emprendemento
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995970/ 881995972/ 881995971
Email: sxemprendemento.emprego@xunta.gal
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).
O obxecto desta orde é aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xullo de 2024 e a data da presentación da solicitude.
PERSOAS beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023, de conformidade co establecido no artigo 1.
2. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.
d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
3. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtiveran resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) e da Orde do 16 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro).
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o oitavo día natural seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2025, agás no caso de que se produza o esgotamento do crédito.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se producise o esgotamento do crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes presentadas con posterioridade e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR880A)