A campaña Bonos Corazón 2025 mobilizou cerca de dous millóns de euros

Portada web Bonos Corazón 2025

05/12/2025 Nesta segunda fase dos Bonos Corazón 2025, a iniciativa contou cun volume de vendas de case un millón de euros nos 508 establecementos do comercio local e a hostalería adheridos á mesma.

O éxito da campaña continúa a verse tamén no número de persoas usuarias. Desta volta, foron 5.696 as persoas que se descargaron os bonos.

Estes datos súmanse aos xa obtidos na primeira fase da campaña celebrada en maio, obténdose unhas vendas totais de cerca de 2 millóns de euros.

Supérase así o resultado obtido no ano anterior, que se acadaron ao redor de 1.5 millóns de euros. Isto débese ao aumento do presuposto da campaña que foi de 600.000€ e, como novidade, repartidos en dúas convocatorias.

Mantívose como en edicións anteriores o formato dos bonos: importes de 50€, dos cales o 40% corre a cargo do Concello e o 60% restante das persoas consumidoras.

Entradas relacionadas