O “Museo máis pequeno da cidade” no comercio compostelán

museo3.1 (1) (1)

05/07/2024

O Museo Máis Pequeno da Cidade (MPC) é unha intervención sociocultural e artística que pretende achegar o mundo da arte á veciñanza e promover a súa participación activa, fomentando á vez a creación de comunidade e a mobilidade entre diferentes barrios. Queremos converter a cidade de Compostela nun museo de microsalas de arte, o MPC estará aberto ata o 12 de xullo do 2024.

Achégate aos comercios, percorre os barrios da túa cidade e descobre estas maravillosas creacións libres, obras de arte en tamaño reducido, realizadas nun oco de 13 x 13 cm para os que se empregaron todo tipo de materiais: caixa de cartón, papel, pompóns, purpurina, folios de cores, rotuladores, figuriñas, cola… e moita imaxinación. Desde o lanzamento da inciativa, 59 propostas creativas foron achegadas en total polos veciños e veciñas de Compostela.

É un estupendo plan artístico sen saír da cidade, sen limitacións de capacidade, ao aire libre, sen aglomeracións nin colas, sen horarios e con entrada de balde.

Podes escanear o código QR que acompaña a cada obra de arte para descargar o mapa dos comercios colaboradores ou neste enlace podes descubrir os comercios de proximidade da cidade que participan nesta iniciativa.👇

https://qr.me-qr.com/es/data/image-pack/d8YZzjbh

Obra: O pulpito

19/06/2024

Mostra das obras de arte en miniatura que se poden visitar nos escaparates dos establecementos comerciais composteláns seleccionados por sorteo para evento o Museo Máis Pequeno da Cidade. Non perdas esta oportunidade de desfrutar da cultura ao aire libre.

Obra: O balancín
Obra: O meu mundo
Obra: Torre de control
Obra: Compostela en festas

20/05/2024 Os establecementos comerciais de Santiago albergan xa as obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa “O museo máis pequeno da cidade”.

As obras están realizadas dentro dunha caixa de cartón de 13×13 centímetros na que figura o seu título e o nome do seu autor ou autora.

As pezas estarán expostas nos establecementos comerciais, designados mediante sorteo, desde o 18 de maio cadrando coa celebración do Día Mundial dos Museos e ata o 12 de xullo. Posteriormente, as obras seránlle devoltas aos seus autores e autoras ao longo do mes de setembro.

Sábados no “Museo máis pequeno da cidade”

De forma paralela, e mentres as obras estean instaladas nos establecementos comerciais, a Concellaría de Centros Socioculturais porá en marcha un xogo nas redes sociais para animar a veciñanza a visitar as diferentes propostas do “Museo máis pequeno da cidade”. Para iso, colgaranse imaxes dunha parte do museo e iranse achegando pistas para que as persoas que queiran participar descubran onde se atopa a obra e cal é o seu título e a súa autoría. Para participar tamén é preciso inscribirse, a título individual ou en grupo, ben nos centros socioculturais ou ben no mail cscpreinscricions@santiagodecompostela.gal. Haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas ou grupos participantes.

Documentos relacionados

Obra: Mini Compostela
Obra exposta no escaparate
Obra: Operación burjujas
O museo mais pequeno da cidade
Sábados do MPC

Entradas relacionadas