Bases de la convocatoria de concesión de las ayudas Bonos Corazón Compostela 2023 y apertura del plazo de adhesión para establecimientos interesados

bonos-corazon

Bases da convocatoria para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago de Compostela a través dos bonos
Corazón Compostela 2023 e apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados


1. Obxecto e finalidade

1.1. O obxecto destas bases é regular a convocatoria de concesión de axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago de Compostela a través dos bonos Corazón
Compostela, así como proceder á apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados.

1.2. A finalidade do programa de bonos Corazón Compostela é incentivar a demanda axudando economicamente ás
persoas consumidoras e fomentar o consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago.
Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista e hostaleiro do
municipio, dinamizar a actividade económica promovendo as compras de bens e servizos, mellorar o fondo de manobra do
comercio e a hostalería e reducir o impacto económico derivado da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

2. Orzamento

O Concello de Santiago destina ao programa un crédito de 433.000 euros financiado con cargo á aplicación orzamentaria 010 43100 4890101.

 

Entradas relacionadas