A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
07/05/2025
Xa está activo o punto informativo de @acougo.gal en @latiendademariasantiago, dentro da campaña #12comercios12sensibilidades!
Ao longo de todo o mes de #maio, podes achegarte a La Tienda de María para coñecer máis sobre o acollemento familiar en Galicia e descubrir como axudar a que nenas, nenos e adolescentes poidan medrar nun fogar seguro e cheo de afecto.
Tamén podes colaborar mercando produtos solidarios ou simplemente informándote e difundindo a súa importante labor. Cada pequeno xesto conta!
Pásate, infórmate e participa desta iniciativa que une comercio local e compromiso social.
O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
01/05/2025 Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores, así como dar a coñecer as entidades solidarias coas cales cada comercio se xunta ao longo do mes. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros.
O programa neste mes de maio trae consigo unha nova colaboración solidaria especial, poñendo o foco na infancia, a familia e o dereito a medrar nun fogar seguro. Neste mes tamén se celebra o 31 de maio Día Mundial do Acollemento Familiar .
La Tienda de María dáralle visibilidade á Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), que traballa para garantir que todas as nenas, nenos e adolescentes poidan crecer en familia, promovendo o acollemento familiar e acompañando ás familias acolledoras no seu camiño. Esta entidade trata de difundir o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección á infancia e adolescencia en situación de desamparo ou risco, comprometéndose co programa de sensibilización social e captación de posibles persoas e familias acolledoras. ACOUGO nace da man das familias acolledoras de Galicia para xerar unha verdadeira rede de apoio e sensibilización que impulse o acollemento familiar e para velar, por encima de todo, polos dereitos das crianzas e adolescentes do sistema de protección sobre todo ao dereito a crecer en familia e a manter o vínculo coas súas orixes .
En La Tienda de María na rúa de San Pedro de Mezonzo, 24, baixo, xa se pode visitar o punto informativo da @acougo.gal no que atoparemos folletos con información sobre as familias de acollida e tamén podemos colaborar mercando produtos solidarios durante todo maio. Ademáis, ACOUGO organizará actividades para dar a coñecer o acollemento familiar como a charla: “Como ser familia de acollida”, tamén os contacontos dos Bolechas sobre o acollemento familiar e actividades con motivo do Día Internacional do Acollemento Familiar (do 26 ao 31 de maio). E como cada mes, haberá un sorteo.
La Tienda de María é un comercio de moda infantil e complementos ubicada no corazón do Ensanche compostelán que aposta pola calidade, o deseño e a atención próxima, ofrecendo pezas coidadas para os máis pequenos da casa, podes atopar todo o necesario para as crianzas desde o nacemento ata os 6 anos de idade. La Tenda de María está especializada en artigos para bebés: roupa, sabas para berce, mantas, sacos e bolsos para o carro, así como produtos de puericultura e complementos de paseo. Tamén son especialistas en canastillas, tortas de cueiros e agasallos …
Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 2025