De Cotío, establecemento gañador do Concurso de Escaparatismo de Nadal 2024

concurso
DE COTIO_1
DE COTIO_1

De Cotío, Floristería Embora e a Floristería Lilas do Castiñeiriño recibirán o primeiro, segundo, e terceiro premio do Concurso de Escaparatismo de Nadal impulsado polo departamento municipal de Comercio. A lista de gañadores complétase coa Floristería Lilas de República Arxentina, a tenda Merlín e Familia e Nobel Muebles.

O Concurso de Escaparatismo de Nadal ten como obxectivo premiar a creatividade do comercio local nunha época tan importante para as vendas como é o Nadal, impulsando tamén o consumo nos establecementos de proximidade fronte á competencia das grandes superficies e o comercio on line.  Á hora de seleccionar os escaparates gañadores, o xurado valorou a súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, a calidade, composición, deseño, orixinalidade e o emprego de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo. 

O establecemento mellor valorado foi De Cotío, que recibirá un premio de 2.000 euros. O segundo clasificado, Floristería Embora, recibirá 1.500 euros; mentres que o terceiro premio, que recibirá a Floristería Lilas do Castiñeiriño, está dotado con 1.200 euros. Outra floristería, a Lilas de República Arxentina, mereceu o cuarto premio, por un importe de 1.000 euros; Merlín e Familia recibirá 750 euros polo seu quinto premio; e Nobel Muebles percibirá 500 euros polo seu sexto premio. 

Entradas relacionadas