Estes son os domingos e festivos nos que poderá abrir o comercio galego en 2025.
A maioría dos festivos concéntranse na campaña do Nadal. Os comercios poderán abrir en Xoves Santo e nalgunhas datas sinaladas polas rebaixas de inverno e verán.
Os comercios galegos estarán habilitados para abrir as súas portas durante unha decena de domingos e festivos de 2025, a maioría deles concentrados no tramo final do ano con motivo da campaña do Nadal.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o luns 30 de setembro a relación de dez domingos e festivos habilitados pola administración autonómica como días hábiles para os establecementos comerciais. Con motivo das rebaixas de inverno aparecen os días 5 e 12 de xaneiro, mentres que poderán abrir o 17 de abril, Xoves Santo, e o 29 de xuño polas rebaixas de verán.
Así, os comercios poderán operar todos os domingos desde o 30 de novembro ata a conclusión de 2025. Así mesmo, a Xunta tamén habilita o 8 de decembro, festividade da Inmaculada Concepción.
Polo tanto, a lista completa queda así: 5 de xaneiro, 12 de xaneiro, 17 de abril, 29 de xuño, 30 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro, 14 de decembro, 21 de decembro e 28 de decembro.
Fonte: http://tvg.gal/avier1
INFORMACIÓN DE INTERESE 2025 – Comercio Santiago (comerciolocalsantiago.gal)