A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”
06/09/2024
Todos os xoves e sábados do mes de setembro, @cousasdocampofroitaseverduras convida a unha degustación de marmeladas de @daqui_darredor, en horario de 10 a 13 h.
Aquelas persoas que compren produtos de #daquidarredor obterán un 15% de desconto na súa compra na tenda da @prazadeabastos .
Este mes de setembro Cousas do Campo Froitas e Verduras dá visibilidade a asociación Daqui Darredor na que participan varios productores de hortalizas e froitas que elaboran as conservas vexetais na cociña colaborativa de Brión.
04/09/2024
Continuamos coa colaboración solidaria do mes de setembro.
Todos os xoves e sábados deste mes temos unha cita de 10 a 12 h na @prazadeabastos, para degustar en @cousasdocampofroitaseverduras as marmeladas elaboradas no proxecto colaborativo @daqui_darredor
Ademais, ao mercar marmeladas da asociación, obterase un desconto do 15% na tenda!
02/09/2024
A colaboración solidaria da campaña #12comercios12sensibilidades neste mes que comeza, vai ter aos productos agrícolas de proximidade como protagonistas en cada publicación.
Nesta ocasión, @cousasdocampofroitaseverduras vaille a dar visibilidade á asociación @daqui_darredor ata finais de mes .
Prestade atención ás redes sociais, pronto compartiremos máis información sobre esta deliciosa colaboración .
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”
02/09/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude
A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros.
O programa neste mes de setembro chega á Cousas Do Campo Froitas e Verduras que dará a coñecer o traballo de Daquí Darredor. Daquí Darredor é un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros. No seu centro de cotraballo, transforma os alimentos cultivados e elaborados por agricultores e gandeiros da zona para a súa comercialización, facilitando así o negocio destes produtores locais. Este proxecto dispón dunha cociña colaborativa con dúas liñas de produción para a transformación de alimentos da horta da túa casa con rexistro sanitario para abrir a vía da comercialización non só de produto fresco senón de conservas, marmeladas, zumes, pan, bolería… Esta cociña estará situada no Centro Comercial Monte Balado (Os Anxeles-Brión) e podes descargar a distribución da mesma nesta ligazón descargas. Tamén está posto en marcha un matadoiro móbil para a matanza de aves e coellos cumprindo con todos os requisitos sanitarios, o que permitirá a súa posterior comercialización por parte das persoas produtoras. Podes descargar os planos do matadoiro móbil e ver un vídeo del funcionando nesta ligazón descargas .
Con esta iniciativa, ‘Daquí Darredor’ busca dinamizar o comercio local en diversos aspectos. A oferta de produtos non se reduce só a alimentos, xa que os veciños que organizan as feiras tamén inclúen postos de venda de libros, artesanía e mesmo roupa de segunda man, participando nunha dinámica sostible e integradora. Con Daquí Darredor o emprendemento nunca estivo tan preto do agro galego.
En Cousas do Campo Froitas e Verduras, na rúa das Ameas, posto 3, poderemos atopar un stand informativo de Daquí Darredor para dar apoio a esta entidade. Cousas Do Campo Froitas e Verduras e unha froitería que está no mercado de Abastos de Santiago, onde encontrar froitas e verduras frescas de tempada, laranxas, limóns, mandarinas, peras, mazás, plátanos, uvas, melóns, sandías, piña, mango, hortalizas etc. e poderás degustar ensaladas, gaspacho, zumes, olivas, limoada e moito mais. O lle gusta a Almudena, propietaria de Cousas do Campo, é a calidade do producto que vende e o trato de confianza cos clientes.
Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.