O Concello ofrece tres cursos de formación en materia de consumo para comerciantes

Os cursos celebranse no edifico Cersia

 Concellaría de Comercio organiza tres accións formativas en materia de consumo que serán impartidas pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Os cursos relaciónanse coa contratación de subministracións para o negocio, co consumo de servizos financeiros e coa contratación de seguros para uso comercial. As accións son de especial interese dada a súa temática, tendo en conta as recentes novas sobre a subida da luz, ou as cláusulas chan hipotecarias. As accións formativas van dirixidas preferentemente ás persoas comerciantes composteláns.

Ofértanse un total de 15 prazas por curso que serán cubertas por orde de inscrición. O prazo está aberto ata o vindeiro día 20 de febreiro e para anotarse será preciso o envío do formulario online dispoñible na web do Departamento de Comercio.

A admisión ao curso comunicarase por e-mail unha vez rematado o prazo de inscrición. Farase entrega de diploma acreditativo de aproveitamento a aquelas persoas que asistan ao 100% das horas do curso.

Os cursos celebranse no edifico Cersia

Horarios e cursos

Cada curso terá unha duración total de catro horas a impartir en dúas sesións. O curso “O Consumo de subministracións no meu negocio” celebrarase os días 22 e 23 de febreiro, O curso “O consumo de servizos financeiros. Aprender a coñecer cal é o adecuado ás miñas necesidades” será os días 1 e 2 de marzo e “Os contratos de seguros para uso comercial e de actividade” os vindeiros 8 e 9 de marzo, todos eles en horario de 20:30 a 22:30 horas.

Todos os cursos terán lugar no edificio Cersia, en San Lázaro.

Ligazóns

Entradas relacionadas