Ficha da subvención
Denominación
VII edición dos Premios PEL ao esforzo e implicación das empresas da provincia da Coruña no desenvolvemento da mesma
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 10/04/2025
Prazo entrega solicitudes: Inicio 11/04/2025 Fin 16/05/2025
información, ligazóns e consultas
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
No BOP de A Coruña nº: 76 do 23 de abril publicábase o Extracto da Resolución número 17193 do 10 de abril de 2025, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao Premio ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO/2025).
O obxecto das mesmas é a regulación da VII edición dos Premios PEL como recoñecemento ao esforzo e implicación das empresas da provincia no desenvolvemento económico, na creación de emprego e riqueza, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas con domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.
Lugar e prazo de presentación
Tanto a presentación de candidaturas como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede. dacoruna.gal/subtel/.
O prazo de solicitude iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria ás 09:00 horas, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de maio.