A capital galega viste as luces das festas e enche as súas rúas de actividades de Nadal para todos os públicos.
O mércores, 10 de decembro, Animatium levou a celebración polas rúas da zona nova coa ruada Tenro Inverno, que xa fixera un itinerario desde o Obradoito o mércores 3 de decembro.
As persoas que se perderon esta cita, poderán seguir pola cidade ao oso polar e o boneco de neve este mesma semana a partir das 18 horas:
- Martes, 16 de decembro desde o centro sociocultural Maruxa e Coralia.
- Mércores, 17 de decembro desde a Carpa Roxa.
E enchendo as devanditas rúas de música, Corophonix seguiu coa actividade Voces na rúa pola Zona Nova, o martes 9, e pola Zona Vella o xoves 11. Este martes, 16 de decembro, deleitaranos novamente coa súa música. A partir das 18h desde a Estación Intermodal – Daniel Castelao.
Tamén continúan unha semana máis, os obradoiros infantís do Mercado de Nadal, en Carreira do Conde. Durante a pasada fin de semana, a cativada deu mostra da súa creatividade elaborando tarxetas de árbore de Nadal, bonecos encordados, casiñas… Continúan os obradoiros a partir do venres, 19 de decembro, co de Adorno de árbore de Nadal.
As celebración tamén encheron de emoción a Praza Roxa, que o sábado acollía a primeira sesión da ruleta de agasallos Eu Merco aquí. A segunda ruleta, celebrarase o sábado 3 de xaneiro na carpa de Alameda en Xogo, que abre as súas portas este venres, 19 de decembro.
Tamén na Praza Roxa, pódese gozar desde o pasado 12 de decembro do tren de Nadal.
Enlaces relacionados

















