Cincuenta e oito expositores conforman o Mercado de Nadal, que este ano se traslada á nave cinco da Praza de Abastos

A concelleira Marta Lois na rolda de presentación do Mercado de Nadal, o pasado 12 de novembro

Un total de 58 expositores protagonizarán este ano o Mercado de Nadal, que se traslada á nave 5 da Praza de Abastos. Houbo ademais 73 solicitudes, dez máis que na pasada edición.

Haberá cinco quendas de 27 postos por cada unha, podendo repetir un mesmo posto en varias quendas. Por sectores, os postos quedarían do seguinte xeito:

– 11 de alimentación: doces artesanais, biscoitos, marmeladas, marmelos, queixos licores, conservas artesás, turróns, polvoróns artesáns, escumosos, mel, chocolate, empanadas, roscas e tortas.

– 2 de decoración floral: decoración de Nadal, adornos para árbores, coroas, coroas de porta, centros de mesa naturais e con elementos artificiais e plantas decoradas.

– 12 postos de elementos de decoración de Nadal: nacementos, colgantes artesáns de todo tipo de materiais (téxtil, papel), tarxetas de felicitación, tarxetas para agasallos, estrelas, botas, roupa de bebé pintada a man con motivos de Nadal, bolas, gorros de Noel, papel de agasallo, teas para envolver agasallos, mandís decorados con motivos de Nadal, calendarios de Advento, abetos de teas e velas de todo tipo.

– 2 de cosmética natural: xabóns, aceites, cosmética natural

– 4 de artesanía en coiro: chaveiros, carteiras, bolsos, bixutería montada con coiro, fundas de móbiles e tabletas, complementos en xeral.

– 5 de xoguetes e regalos para bebés: xoguetes artesanais de madeira, títeres elaborados a man, roupa artesanal para bebé decorada a man, xogos de mesa de creación propia.

– 9 de xoiería e bixutería artesanal: todo tipo de materiais (coiro, prata, ouro, metais, pedras semipreciosas).

– 13 de agasallos: pezas de cerámica e gres, artigos de madeira, artesanía de autor, porcelana pintada a man, cadros con motivos orixinais, lámpadas, cadernos, libros ilustrados, manteis de liño, obxectos de decoración do fogar, aderezos para traxes de festa e traxes tradicionais galegos.

O Mercado de Nadal desenvolverase do 11 de decembro ao 5 de xaneiro na nave 5 da Praza de Abastos. Estará aberto de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas. Haberá horario especial os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 5 de xaneiro.

Contarase con servizo de empaquetado de agasallos e un amplo programa de animación venres, sábados e domingos. Máis informacións nas webs municipais de Comercio e de Turismo.

Entradas relacionadas