07/11/2024 O Concello destina a esta campaña un orzamento de 450.000 euros. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, lembrou que “os Bonos Corazón son unha medida pensada para fomentar o consumo no comercio e hostalería locais, fortalecendo estes sectores e dinamizando a actividade económica en Santiago”.
Condicións dos bonos
Tal e como se recolle nas bases dos Bonos Corazón 2024 publicadas no BOP do día 06/11/2024 , as persoas usuarias poderan empezar a descargar os bonos, mañá venres día 8 de novembro de 2024 a partir das 9:30 e farase como en edicións anteriores a través da web www.bonoscorazoncompostela.gal. Para evitar a fenda tecnolóxica, e pensando sobre todo na poboación de maior idade, ábrese a posibilidade de solicitar os bonos de maneira presencial, reservando unha cita no departamento de Comercio a través do teléfono 981 542 492.
A validez dos Bonos Corazón para seren canxeados nos establecementos adheridos será ata as 22 horas do 4 de decembro. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización na APP Wallet. O importe irase reducindo ata o seu esgotamento, e poderase utilizar nunha ou en varias compras. Rematado o periodo de validez, o bono non trocado caducará e non se poderá solicitar a súa devolución.
Ao igual que o ano pasado, establécese unha única modalidade de bono cun valor de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa solicitante os 30 euros restantes. Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos.
Bases da convocatoria
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/11/06/2024_0000007684.pdf
Procedemento de descarga dos bonos
Para descargar os bonos corazón ten que acceder https://www.bonoscorazoncompostela.gal/
- Alta persoa usuaria: No apartado CLIENTES> Premer en ENTRAR AQUI> Aparece esta pantalla, premer en Rexístrate
Dende ahí ten que facer o rexistro cubrindo os datos que solicita o formulario, como medida de seguridade enviará un código ao móbil co que se rexistrou que haberá que introducir na pantalla da alta.
2. Mercar o bono. Dende a plataforma e cos datos bancarios mercar os bonos un a un, para o cal debe aceptar a compra dende a Banca electrónica da súa entidade bancaria. Aceptar na banca electrónica a compra do bono. Fixarse que na banca electrónica o importe da compra vai ser de 30 € que é a parte do bono que paga a persoa usuaria.
3. Descargar o/s bono/s na APP Wallet do seu móbil. Fixarse que o importe será de 50 €/por cada bono descargado.
3.1 Descargar dende o móbil na APP Play Store a APP Pass2U Wallet para poder ver os bonos no seu móbil.
3.2 Dende o móbil acceder a plataforma Bonos Corazón Compostela identificarse co DNI e o contrasinal e premer en Iniciar Sesión darlle ao botón Descargar en Google ou Descargar en Apple Google, dependendo do sistema operativo do noso móbil> Pinchar en Añadir e logo pinchar na mensaxe Ver en wallet
E a partir de aquí xa tería o código QR descargado na App Wallet para poder mercar nos comercios, praza de abastos e hostelería de Santiago.
Grazas por participar na campaña Bonos Corazón Compostela 2024!