Convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostelería local a través dos bonos Corazón Compostela 2023

bonos-corazon

Ficha da subvención

Denominación

Convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostelería local a través dos bonos Corazón Compostela 2023

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 27/10/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/10/2023 Fin 06/11/2023

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

O Concello de Santiago de Compostela vai proceder á convocatoria de concesión de axudas económicas dirixidas a
propiciar o fortalecemento do sector comercial e hostaleiro do municipio mediante a estimulación da demanda.

A axuda farase efectiva a través dos bonos Corazón Compostela 2023, que poderán ser utilizados nos establecementos comerciais retallistas e hostaleiros que se adhiran ao programa, segundo as condicións de participación establecidas
na correspondente convocatoria de adhesión ao programa, que será obxecto de aprobación e publicación no momento que
corresponda.

As persoas usuarias dos bonos serán as persoas físicas maiores de idade.

Estas bases teñen por obxecto convocar o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará
na entrega e distribución das axudas económicas que se farán efectivas a través dos bonos Corazón Compostela 2023.

Entradas relacionadas