#EuMercoAquí
Bonos de aparcadoiro
30/04/2024
Co obxectivo de apoiar o comercio local e dinamizar o sector, o Departamento de Comercio do Concello de Santiago colabora con distintas asociacións do tecido empresarial para poñer a disposición da súa clientela bonos de aparcadoiro de balde.
Mercando no comercio local, usuarios e usuarias poden solicitar bonos gratuítos dunha hora de duración, dependendo do importe da compra e do establecemento. Estes tiques son canxeables nos aparcadoiros da cidade.
Pregunta no teu comercio para informarte e obter estes bonos.
A iniciativa está financiada polo Concello de Santiago e participan o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación Punto Compostela Centro Comercial Aberto e a Rede de Iniciativas Empresariais de Santiago e Comarca Em-Rede.
29/04/2024
Facer as túas compras no comercio local, nunca foi tan sinxelo.
Busca o distintivo no escaparate do teu comercio de confianza ou pregunta ao seu persoal, merca o que precises e pide o teu bono de aparcadoiro.
O Concello de Santiago leva a cabo esta iniciativa para facilitar o aparcamento nas rúas mais concorridas. Benefíciate desta campaña!
15/01/2024
Mercar no comercio local non soamente dinamiza a economía da cidade, senón tamén a do teu peto
Busca o distintivo vermello no teu establecemento de confianza e benefíciate dos bonos de aparcadoiro gratuíto que ofrece o Concello
Custarache elixir onde comprar… Mais aparcar non che custará nada! #EuMercoAquí
29/12/2023
Mercando aquí… Aparcas de balde!
Todo grazas aos bonos de aparcadoiro do Concello de Santiago, unha iniciativa que procura enxalzar o #comerciolocal ao tempo que se facilita o estacionamento nas rúas máis concorridas
Pide o teu bono na túa tenda de confianza e esquécete do resto!
Mercando no comercio local, usuarios e usuarias poden solicitar bonos gratuítos dunha hora de duración, dependendo do importe da compra e do establecemento. Estes tiques son canxeables nos aparcadoiros da cidade.
Pregunta no teu comercio para informarte e obter estes bonos.
#EuMercoAquí #ComercioDeSantiago #ComercioLocal
07/12/2023
Merca aquí, aparca de balde!
Aínda que sexa difícil escoller entre os centos de opcións que ofrece o #comerciolocal, aparcar é moi doado grazas aos bonos de aparcadoiro do Concello de Santiago 🅿️
Non esquezas pedilo ao realizar as túas compras! 🛒