Este vindeiro luns, 21 de decembro, péchase o prazo para que comercios e establecementos hostaleiros participen do Concurso de Ambientación de Nadal que convoca o Concello de Santiago.
O obxectivo desta actividade reside en visibilizar o atractivo da nosa cidade mediante o recoñecemento á realización de intervencións artísticas ou decorativas nos escaparates e fachadas dos nosos comercios, restaurantes e demais establecementos de hostalería e restauración do municipio.

Xurado
Terá en conta a calidade técnica, o aproveitamento dos recursos propios, a orixinalidade e a innovación nos contidos e nos formatos, a exposición do produto, unidade e composición. Estará formado pola concelleira de Comercio, un representante do Departamento, representantes das asociacións de comerciantes da cidade e un profesional do sector do interiorismo e a decoración.
O premio está dotado con 450 euros e a intervención gañadora manterase polo menos ata o 31 de decembro de 2015.
