Na convocatoria deste ano, 10.456 persoas adquiriron un total de 22.500 Bonos Corazón. A día de hoxe, os bonos mobilizaron vendas por valor de 1.277.831,11 euros, dos que máis de 981.432,03 foron abonados con Bonos Corazón. Das vendas totais, 67.281,34 euros foron no sector da hostalaría, e o resto no comercio. No programa participan 586 establecementos.
Os Bonos Corazón contaron este ano cun orzamento de 450.000 euros, e centralizáronse no mes de novembro atendendo á demanda o colectivo de comerciantes. Como na edición anterior, estableceuse unha única modalidade de bono cun valor de 50 euros, dos que o Concello achega 20 euros e a persoa solicitante os 30 euros restantes. Cada persoa puido solicitar e obter un máximo de tres bonos.
Remata o prazo para que os comercios se adhiran á campaña dos Bonos Corazón Compostela 2024
22/11/2024
Última semana para que os comercios se adhiran á campaña dos #BonosCorazón. O próximo venres, 29 de novembro, remata o prazo para os establecementos.
Inscricións na seguinte ligazón https://cutt.ly/yeKQR9qM
E lembrade, as persoas beneficiarias dos bonos poderán empregalos nas súas compras locais ata o 4 de decembro.