Aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa PEL-autónomos/as 2025

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa PEL-autónomos/as 2025

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 11/02/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 17/02/2025 Fin 17/03/2025

información, ligazóns e consultas

ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Bases da convocatoria

Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións (PEL-autónomos/as 2025)

No Boletín Oficial da Provincia publícase este xoves, 3 de xullo, a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa PEL-autónomos/as: programa de axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.

A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.

Teñen a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, as cotas mensuais das persoas autónomas correspondentes ao ano 2025 que non reciban ningún tipo de axuda ou calquera outro concepto similar definido na base 5.Compatibilidades e exclusións destas bases específicas, por parte de ningunha entidade ou organismo público nin privado.

Conta: 642 Descrición da conta: Seguridade Social a cargo da Entidade

A subvención corresponde exclusivamente ás cotas mensuais correspondentes a anualidade 2025.