Premios de Artesanía de Galicia 2025 (IN200A)

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Premios de Artesanía de Galicia 2025 (IN200A)

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 25/06/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 15/09/2025 Fin 26/09/2025

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Área Central, 1º andar – Local 25MN. Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999171/ 881999174

Email: centro.artesania@xunta.gal

http://artesaniadegalicia.xunta.gal/

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 17 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, se convocan para o ano 2025 e se autoriza a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión (código de procedemento IN200A).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia que figuran no anexo I, convocar os premios para o ano 2025 e autorizar a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

a) Premio Artesanía de Galicia 2025……………………………………… Dotación de 9.000,00 € e trofeo acreditativo.

b) Premio Traxectoria 2025……………………………………………………. Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

c) Premio Bolsas Eloy Gesto 2025…………………………………………. Ata tres bolsas de formación de 4.000,00 € cada unha e diploma acreditativo.

Persoas beneficiarias

1. Premio Artesanía de Galicia 2025.

Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá de acordo coa Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia.

2. Premio Traxectoria 2025.

Artesáns/ás en activo ou retirados/as que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia, entidades locais ou outras entidades públicas ou privadas. Estas propostas serán sempre realizadas por terceiros, é dicir, ningún obradoiro poderá realizar a proposta do titular ou dunha persoa traballadora do propio obradoiro.

3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2025.

Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá que acadara unha idade máxima de 45 anos no 2025.

Lugar e prazo de presentación

1. Para a modalidade do Premio Artesanía de Galicia 2025, co fin de avaliar fielmente a calidade, o deseño e a presentación de todas as obras a concurso por parte do xurado que ditaminará a peza gañadora, requírese, excepcionalmente, que a obra xunto coa súa documentación e a solicitude (anexo II) se presenten nas oficinas da Fundación Pública Artesanía de Galicia utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. Para as modalidades do Premio Traxectoria 2025 e do Premio Bolsas Eloy Gesto 2025, as solicitudes (anexo II) e a restante documentación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3. O prazo de presentación para as tres candidaturas iniciarase a partir das 8.00 horas do 15 de setembro de 2025 e rematará ás 14.30 horas do 26 de setembro de 2025.

Entradas relacionadas