Ficha da subvención
Denominación
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, convocatoria 2024
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 24/01/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 25/01/2024 Fin 30/09/2024
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957893
Email: biodiversidade.cma@xunta.gal
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).
BDNS (Identif.): 740271.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Mediante as axudas reguladas nesta orde permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Estas bases establecen os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten a unha persoa traballadora, ben sexa para apoio no negocio durante o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento ou a transformen en indefinida posteriormente, ben sexa para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, segundo o disposto nesta orde. Asemade, subvencionarase unha parte do custo dos centros e/ou servizos para o coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
As axudas irán dirixidas á contratación dunha persoa traballadora para a substitución da persoa autónoma no seu negocio nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento; tamén se apoia a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación.
Igualmente, incentívanse os contratos indefinidos realizados cunha persoa traballadora para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) ao seu cargo, independentemente de que existisen ou non situacións de maternidade ou paternidade ou asimiladas (Bono autónomo Concilia II)
Tamén se apoiarán os gastos dos servizos de coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) a cargo da persoa autónoma (Bono autónomo Concilia III).
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2024.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR341R)