Ficha da subvención
Denominación
BASES DO CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2022
Convocatoria: Pechada
Prazo entrega solicitudes: Fin 19/12/2022
información, ligazóns e consultas
Convocatoria resolta o 28/01/2023
Prazo de inscripción ata as 23:59 do luns 19/12/2022
Recepción de fotografías antes do 25/12/2022
Estas bases teñen por obxecto apoiar ós establecementos comerciais do municipio de Santiago para que adornen o seus establecementos cun tema en común, co obxectivo de crear un foco de atracción da clientela e aumentar o consumo no comercio local nas ventas desta época tan importante para o sector.
O Concurso de Escaparates está dotado cos seguintes premios económicos aos titulares ou cotitulares inscritos:
– Primeiro/a clasificado/a: 2.000 €
– Segundo/a clasificado/a: 1.500 €
– Terceiro/a clasificado/a: 1.200 €
– Cuarto/a clasificado/a: 1.000 €
– Quinto/a clasificado/a: 750 €
– Sexto/a clasificado/a: 500 €
Total: 6.950,00 euros
Os premios estarán suxeitos á retención fiscal que corresponda de conformidade coa lexislación vixente. Un mesmo establecemento non poderá obter máis dun premio.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Os motivos e decoración dos escaparates terán como tema as Festas de Nadal.
So poderá presentarse ao concurso un único proxecto por establecemento.
Os escaparates deberán estar expostos, como mínimo, entre os días 22 de decembro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023.
Persoas beneficiarias
Para participar no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun establecemento comercial situado no Concello de Santiago. Os/as participantes deberán cumprir as seguintes condicións:
– Estar ao corrente nas obrigas tributarias co Concello de Santiago, Axencia tributaria do Estado, Axencia tributaria de Galicia e Seguridade Social.
– Non incorrer nalgunha das circunstancias que se determinan no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións incapacitantes para obter a condición de beneficiario.
– Atoparse ao corrente de pago das obrigacións por reintegro de calquera subvención ou premio concedido con anterioridade por este Concello.
Non poderán participar no concurso as persoas que formen parte do xurado e que sexan titulares ou cotitulares dun establecemento comercial, así como calquera outra persoa que teña un parentesco en primeiro ou segundo grao con algún membro do xurado.
Lugar e prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP e rematará o día 19 de decembro de 2022.
Non se admitirán solicitudes presentadas fóra do prazo indicado no parágrafo anterior.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado CS006COM2 cuberto en todos os seus campos, e asinado electrónicamente.
Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) deberá escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñible.
Todos os concursantes terán que enviar dúas fotos do escaparate ao mail comercio@santiagodecompostela.gal, antes do 25 de decembro de 2022.