Bases reguladoras das axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2023)

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras das axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2023)

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 10/03/2023

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

Convocatoria de subvencions e axudas públicas

Convocatoria aberta ata o 10/03/2023 ás 14:00 h

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Convocatoria de subvencións e axudas públicas (08/02/2023)

Extracto da Resolución número 2023/3221, do 31 de xaneiro de 2023, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da liña de axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (Liña 2.1. PEL Emprende Investimento 2023)

27/01/2023 O seu obxecto é regular as axudas para o ano 2023 da Liña 2.1. PEL Emprende Investimento a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s subvencionada/s dada/s de alta no Certificado de situación censual e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:

Conta      Descrición da conta
206         Aplicacións informáticas Nesta conta considerarase exclusivamente o importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.
213         Maquinaria Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.
216         Mobiliario Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.
217         Equipos para procesos de información Computadores e demais conxuntos electrónicos

Persoas beneficiarias

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda, e reúnan os seguintes requisitos:

· Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña

· Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade.

· No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, e non ter unha antigüidade superior aos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.

· No caso de persoas xurídicas, a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición no Rexistro público correspondente non pode ter unha antigüidade superior aos 5 anos, anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.

Prazo e lugar de presentación

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación do extracto de convocatoria e finalizará consonte o previsto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que dispón que o prazo de presentación de solicitudes en ningún caso será inferior a un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación.

Lugar de presentación: Sede electrónica Deputación da Coruña_SUBTEL > Entrar na plataforma SUBTEL