Ficha da subvención
Denominación
Bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, anualidade 2024
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 09/01/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 16/01/2024 Fin 30/09/2024
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, 2-4
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881548
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).
BDNS (Identif.): 737218.
A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.
Establécense 2 liñas de axudas:
a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de esta orde iniciaráse o día 16 de xaneiro de 2024 e finalizará o 30 de setembro de 2024.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR341D)