Bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 24/03/2023

Prazo entrega solicitudes: Fin 29/09/2023

información, ligazóns e consultas

Sede electrónica Xunta de Galicia. Procedemento TR341Q

Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
SAN LAZARO, S/N
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981544691

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Corrección de erros

Resolución das axudas concedidas ao abeiro do Programa do bono das persoas autónomas

Convocatoria aberta ata o 29/09/2023

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341Q).

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341Q).

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

2. Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos:• Compra de maquinaria.• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.• Compra de utensilios e ferramentas.• Reforma do local do negocio.• Equipamento informático.• Equipamento de oficina e/ou negocio.• Rótulos.• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.• Deseño de marca.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, que non fose beneficiaria con anterioridade desta axuda (procedemento TR341Q) e que non presentase nesta convocatoria outra solicitude como persoa autónoma individual ou societaria.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 30.000,00 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000,00 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da entidade solicitante (modelo 184).

Lugar e prazo de presentación

Lugar: sede electrónica Xunta de Galicia. Procedemento TR341Q

O prazo de presentación de solicitudes iníciase ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e remata o 29 de setembro de 2023