Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, ano 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, ano 2024

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 29/01/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 05/02/2024 Fin 29/09/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña

Rúa Gregorio Hernández, 2-4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881592/ 881881548/ 981182390

Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

Corrección de erros

Resolución para dar publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 28 de decembro de 2023

Resolución do 11 de novembro de 2024, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR349F).

BDNS (identif.): 741202.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 5 de febreiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR349F)

Entradas relacionadas