Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), ano 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), ano 2024

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 06/02/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 07/02/2024 Fin 06/03/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Dirección Xeral de Relacións Laborais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544615

Fax: 981957751

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 15 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49, salvo no caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que poderán superar o dito número.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D)

Entradas relacionadas