Publicadas as listaxes de beneficiarios/as das axudas a autónomos e micropemes e ao comercio do Plan de Reactivación Económica

Imaxe do programa Coidar para mellorar.

Dando cumprimento ás bases das respectivas convocatorias, veñen de publicarse as relacións de beneficiarios/as e excluídos/as de tres das convocatorias incluídas no Plan de Reactivación Económica do Concello para facer fronte á situación creada pola COVID-19.

En concreto, fanse públicas as listaxes da convocatoria de axudas para autónomos/as e micropemes de menos de 11 traballadores do programa Compostela Móvese e de dúas das convocatorias de Comercio: a de axudas para a reactivación económica do comercio local e a de cheques de consultoría, esta última, no marco do programa Coidar para mellorar, convocado xunto co Departamento de Lingua.

As listaxes e as correspondentes resolución poden consultarse nos documentos adxuntos. Tamén están dispoñibles na web do CERSIA (axudas a empresas) e do programa Coidar para mellorar (axudas ao comercio).

Descargas