Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

No DOG nº: 98 do Luns, 23 de maio de 2022 publícanse a Orde e o Extracto onde se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Persoas beneficiarias

1. Comerciantes retallistas que cumpran os requisitos publicados na convocatoria

2. Obradoiros artesáns:que cumpran os requisitos publicados na convocatoria

Lugar e prazo de presentación

Lugar: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da entidade convocante. Código de procedemento CO300C

Prazo Aberto: 24/05/2022 – 23/06/2022