Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 2024

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 05/02/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 12/02/2024 Fin 28/06/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625

Fax: 981544678

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes e modificación do órgano instrutor

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 20 de xuño de 2024 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes e se modifica o órgano instrutor da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

O 5 de febreiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 25 a Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

O obxecto desta convocatoria pública de subvencións é dar apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

O artigo 30 desta orde establece que o prazo de presentación de solicitudes comeza o 12 de febreiro de 2024 e estará aberto ata o 28 de xuño de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Tendo en conta que aínda existe crédito suficiente dispoñible para apoiar máis persoas beneficiarias, e dado que non se causa prexuízo a terceiros, amplíase o prazo de presentación de solicitudes e o período de execución das accións para o ano 2024, establecido no artigo 30 da Orde do 16 de xaneiro de 2024.

Ademais, atendendo ao prazo máximo de presentación de solicitudes actual, que é o 28 de xuño de 2024 segundo o descrito no artigo 30 da convocatoria, e tendo en conta que a modificación de ampliación de prazo proposta para a presentación de solicitudes comprende desde o 12 de febreiro ata o 5 de setembro de 2024, conclúese que a dita modificación non excede a metade do prazo orixinal, segundo dispón o artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O artigo 16.2 desta orde establece que o órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Programas de Apoio ao Emprego, pertencente á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Atendendo á reestruturación administrativa aprobada polo Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, faise necesaria a modificación do órgano de instrución deste procedemento.

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
ORDE do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e  sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

PERSOAS beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, previstos no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica dende o 1  e xaneiro de 2022, de conformidade co establecido no artigo 1.

As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
d) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data de presentación da solicitude.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
h) No caso das persoas mutualistas, especificamente deberán presentar, ademais da documentación a que se refire o artigo 11, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio de actividade, e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta na dita mutualidade, de ser o caso.

 Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtivesen resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30.9.2022) e da Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5.7.2023).

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar o 12 de febreiro de 2024 e estará aberto ata o 28 de xuño de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR888A)

Entradas relacionadas