Ficha da subvención
Denominación
Bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023
Convocatoria: Pechada
Data de publicación: 04/01/2023
Prazo entrega solicitudes: Fin 09/02/2023
información, ligazóns e consultas
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, código de procedemento TR890A
Ampliación da dotación orzamentaria
Convocatoria aberta ata: 09/02/2023
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento do crédito da aplicación 11.30.322C 4720 prevista na Orde do 28 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 TR890A (Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2023).
ORDE do 2 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A).
ORDE do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A)
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa Impacto Autónomo, dirixidas a minimizar a suba dos custos de materias primas e das subministracións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.
3. Tamén poden ser beneficiarias as microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 euros no mesmo ano 2021.Considerarase microempresa para efectos desta orde a que vén recollida no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, en que se define a microempresa como aquela empresa que ocupa menos de dez persoas traballadoras e cun balance xeral anual inferior a dous millóns de euros.
4. As persoas ou entidades sinaladas nos números 1, 2 e 3 anteriores que desenvolvan a actividade en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta orde de axudas.
5. Quedan excluídos desta orde as persoas autónomas colaboradoras e familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
6. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
7. As persoas autónomas que, pola súa vez, sexan autónomas societarias só poderán presentar unha solicitude
8. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 da orde.
Lugar e prazo de presentación
Lugar: Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, código de procedemento TR890A
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 9 de xaneiro de 2023 e remata o 9 de febreiro de 2023