31/03/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, rodeado de Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Fandiño, interpretados polos Quinquilláns, e de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá o amplo de programa de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización está a traballar diferentes departamentos do Concello de Santiago en colaboración coa veciñanza. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Nos próximos días darase a coñecer o programa definitivo e como participar nas diferentes propostas.Durante a rolda de prensa, o alcalde anunciou a data da IV Festa do Banquete de Conxo, que se desenvolverá entre o 12 e o 14 de maio e fixo un chamamento a todos “os barrios e parroquias da cidade a participar nesta festa da fraternidade, da liberdade e da igualdade, valores que simbolizan aquel acto de confraternidade histórico do Banquete de Conxo que xuntou a estudantes e artesáns na antiga Carballeira de Conxo”. Xosé Bugallo tamén animou á participación dos veciños e veciñas e recordou que todo o que queira pode acudir vestido de época á romería e unirse ás distintas recreacións teatrais, así como aos obradoiros para preparar os disfraces.
Ademais, o rexedor adiantou que unha das novedades deste ano é a “suma de novos barrios e parroquias á festa”, xa que “estamos en contacto con entidades e veciñanza para articular a participación do barrio de Sar e a parroquia de Villestro coas súas propias propostas”. Sánchez Bugallo quixo agradecer “a activa implicación dos barrios e parroquias da cidade e a súa contribución na planificación do programa” a través da comisión de participación que comenzará a convocar á volta de Semana Santa.
Cecilia Carballido, organizadora do evento, adiantou tamén algunhas das novidades para o programa deste ano, como un novo espazo do Mercado da praza de Conxo, que consistirá “nun posto de asesoramento e aluguer de complementos propios da vestimenta acaída do século XIX para estudantes, artesáns, obreiros, fidalgos, crego…”
O día grande será o domingo 14 de maio co desfile teatralizado do Banquete que percorrerá as rúas de Compostela, baixo a coordinación artística de Os Quinquilláns. Pola tarde celebrarase “O serán da Fraternidade”, cun xantar colectivo na carballeira de Conxo seguido por unha foliada que estará amenizada por música e bailes tradicionais. Nos vindeiros días publicarase as indicacións para participar nos diferentes eventos e nos obradoiros de preparación.
Poesía e música
Durante a rolda tamén se anunciou o lanzamento da convocatoria do II Certame de Brindes “Banquete de Conxo” dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato da cidade e organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Ao igual que na edición anterior, os gañadores do certame serán convidados a participar nos brindes do domingo 14 na Carballeira de Conxo.
Este ano, tamén a Escola Municipal de Música únese á Festa do Banquete celebrando a súa II Andaina musical na mañá do sábado 13 de Maio. Esta iniciativa propón á cidadanía unha ruta de 3,4 km, que conxuga actuacións musicais, e contacto co medio ambiente e o patrimonio natural que serva ao mesmo tempo para achegar á cidadanía o traballo realizado na Escola durante o curso.
4º Mercado do Libro
Os estudantes e artesáns tamén estarán presentes na festa, a través domercado do libro e da mostra de oficios sobre a que se está a traballar e que se celebrará os días 13 e 14 de maio na praza Aurelio Aguirre. Este mercado do libro conterá expositores do sector do libro e un programa de actividades baixo a coordinación do Departamento de Comercio do Concello.
Nos próximos días abrirase o prazo para a participación dos expositores a través da publicación das instrucións para a solicitude de espazos. Como en anos anteriores, os participantes poderán propoñer actividades complementarias como recitais, breves presentacións literarias ou artísticas e similares. No caso de que o número de solicitudes supere o espazo dispoñible, este concederase por estrita orde de entrada no rexistro das solicitudes.
Ademais, esta proposta de mercado, contará tamén cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, orfebrería, coiro ou cerámica, entre outros.