02/05/2025 Como xa é tradición, a Festa do Banquete de Conxo acollerá unha nova edición do Mercado do Libro, que se celebrará os días 25 e 26 de maio na praza Aurelio Aguirre.
O prazo para a inscrición remata o vindeiro luns, 5 de maio, e deberá formalizarse a través da sede electrónica do concello. Poden solicitar un posto as librarías, editoriais e demais entidades relacionadas co sector do libro e a ilustración.
Ademais, ao igual que na pasada edición, o mercado acolle unha mostra de oficios e exhibición en vivo do traballo de artesáns.
DIReccións relacionadas
- Bases da convocatoria do 6º Mercado do Libro
- Instrucións para a solicitude de Ocupación de Vía Pública para a celebración do Banquete de Conxo 2025
- Solicitude MO003 Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias
- Solicitude MO003 – ANEXO 2: Declaración responsable para espectáculos públicos e actividades recreativas