Mañá 8 de maio finaliza o prazo de inscripción para a participación no 5º Mercado do Libro

conxo_rectangular (1)

Dende o 10 de abril está aberto o prazo de inscrición para a participación no 5º Mercado do Libro que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. Librairías e editoras interesadas en expoñer os seus produtos no mercado poden presentar a súa solicitude ata o 8 de maio a través do trámite “Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias” na sede electrónica do Concello de Santiago. No caso de superarse o número de postos dispoñibles, a organización seleccionará os participantes por estrito orde de rexistro das súas solicitudes.

O mercado contará este ano tamén cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, ourivería, coiro ou cerámica, entre outros.

Ademais, as persoas interesadas na instalación de postos de polbo con carpa, deberán tramitar a correspondente autorización de ocupación da vía pública na zona asignada a tal efecto no recinto do Bosque do Banquete, a través da sede electrónica, para o cal teñen de prazo ata o 13 de maio.

Direccións relacionadas

Cartaz 2024

Entradas relacionadas