Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 28/04/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 29/04/2023 Fin 29/05/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Área Central, 1º-Local 25MN.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999171/ 881999175

Fax: 881999170

Email: centro.artesania@xunta.gal

http://artesaniadegalicia.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 902120012

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Comercio

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999178/ 981545597

Fax: 981545541

Email: cei.dxcomercio@xunta.es

http://ceei.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G)

Entidades beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición en dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, procedemento IN201G