Ficha da subvención
Denominación
Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios
Convocatoria: Pechada
Data de publicación: 08/05/2023
Prazo entrega solicitudes: Inicio 15/05/2023 Fin 15/09/2023
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Convocatoria aberta do: 28/04/2023 ata o 29/05/2023 ás 23:59 horas
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
ORDE do 24 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B)
Entidades beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 15 de maio ata o 15 de setembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Lugar de presentación
As solicitudes poden tramitarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, procedemento CO301B ou na web https://www.bonosactivacomercio.gal/
ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE
Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas no artigo 17 destas bases reguladoras.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.