Bases e prazo de inscripción para participar no concurso de escaparates de Nadal 2023

nadal logo

Ficha da subvención

Denominación

Bases e prazo de inscripción para participar no concurso de escaparates de Nadal 2023

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 27/12/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/12/2023 Fin 02/01/2024

información, ligazóns e consultas

Departamento de Comercio

Concello de Santiago de Compostela

Rúa República de El Salvador, 12, entresollado

15701 Santiago de Compostela

981542492 Ext. 33078

https://comerciolocalsantiago.gal

Facebook: https://www.facebook.com/ComercioSantiago/

Instagram: https://www.instagram.com/comerciostgo/

Twitter:  https://twitter.com/ComercioStgo

Bases da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

Solicitude de participación

27/12/2023 O BOP acaba de publicar as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 28 de decembro, ata o 2 de xaneiro. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal. O Concello de Santiago lanza un ano máis o concurso de escaparates de Nadal co obxecto de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local, nesta época tan importante para o sector.

A temática que deben desenvolver será o Nadal, con total liberdade en canto á súa interpretación e estilo. O xurado valorará os escaparates participantes no seu conxunto, pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, calidade, composición, deseño, orixinalidade e o emprego de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo.

En total, o xurado concederá premios aos seis escaparates mellor decorados, con contías económicas de 2.000, 1.500, 1.200, 1.000, 750 e 500 euros, respectivamente.

Inscrición

O prazo de presentación a concurso abrirase mañá, 28 de decembro, e estenderase ata o 2 de xaneiro.

Os establecementos interesados deberán presentar obrigatoriamente a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos, a través do formulario correspondente. A solicitude debe presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) a través o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible.

Os participantes deberán enviar dúas fotografías do escaparate ao correo comercio@santiagodecompostela.gal, antes do 2 de xaneiro.

Documentos relacionados

Entradas relacionadas