Relación provisional de admitidos para participar no Mercado de Nadal 2026-2027

Mercado de Nadal portada web

Trala valoración das solicitudes presentadas para participar no Mercado de Nadal 2026/2027, procédese a publicar a relación de persoas que obtiveron a puntuación mínima requirida segundo o segundo parágrafo do apartado 4.4 das bases de participación.

O feito de resultar provisionalmente admitido non garante a adxudicación dun posto. De acordo co establecido coa base 4.6, de existiren máis solicitudes admitidas que postos dispoñibles, as persoas solicitantes admitidas que non dispoñan de praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda.

O día 9 de novembro de 2026 procederase á publicación, na web comerciolocalsantiago.gal, da listaxe provisional de adxudicación das quendas e emprazamentos.

Entradas relacionadas